(+34) 684 160 793
nsurribas
info@nsurribas.com
Presupuesto
 

TRADUCIÓN PROFESIONAL

 

Elixir un servizo profesional é un investimento de futuro que garantirá unha imaxe coidada tanto para ti como para a túa empresa. As traducións automáticas e os autodenominados tradutores que non contan coa debida formación ou experiencia poden carrexar máis problemas que solucións. Con todo, as traducións de calidade realizadas por profesionais especializados aseguran unha comunicación efectiva que derivará en mellores resultados para a túa empresa. A que esperas?

 
SOLICITAR ORZAMENTOPREGUNTAS FRECUENTES

QUE PRECISAS?

 

Especialiceime en tradución científica, técnica e xurada, aínda que tamén podo axudarche con outros tipos de textos, como os xurídicos ou económicos, ou a subtitulación de material audiovisual. Pasa o rato sobre as imaxes para ver os detalles.

TRADUCIÓN CIENTÍTIFICA

Ámbito farmacéutico e biosanitario: protocolos de ensaios clínicos, formularios de consentimento informado, folletos informativos para o paciente, manuais de usuario, artigos divulgativos, etc.

 

TRADUCIÓN XURADA

Tradución selada e certificada de títulos, certificados, expedientes académicos, poderes notariais, sentenzas, contratos, fes de vida, etc.

TRADUCIÓN TÉCNICA

Ámbito tecnolóxico, enerxético, informático, industrial e de telecomunicacións: instrucións, manuais e guías de usuario, follas de datos técnicos, informes, folletos, catálogos de produtos, etc.

 

TRADUCIÓN AUDIOVISUAL

Tradución e sincronización de subtítulos para vídeos, curtas, documentais, series e películas.

TRADUCIÓN XURÍDICO-ECONÓMICA

Textos relacionados co dereito mercantil e procesual: contratos, escrituras, poderes notariais, licitacións, pólizas, certificados, informes, etc.

 

Outro tipo de tradución?

Podes consultarme sen ningún compromiso sobre calquera tipo de tradución que precises. Se non che podo axudar heiche recomendar a outro profesional cualificado para o teu proxecto.

Pide orzamento sen compromisoCONTACTO