SERVIZOS
TRADUCIÓN CIENTÍFICO-TÉCNICA
Protocolos, investigacións, folletos, catálogos, manuais, informes, follas de datos ou artigos.
TRADUCIÓN XURÍDICA
Acordos, contratos, termos e condicións, seguros e políticas de privacidade ou garantía.
TRADUCIÓN XURADA
Documentos oficiais, títulos, certificados, escrituras ou contratos.
LOCALIZACIÓN
Sitios web, aplicacións e programas informáticos ou videoxogos.
SUBTITULACIÓN
Material audiovisual: películas, series, documentais ou curtas.
REVISIÓN E CORRECCIÓN
Calquera documento escrito, xa sexan publicacións, traballos académicos ou traducións.
ESPECIALIDADES
POR QUE ELIXIRME?
Se buscas un servizo profesional con garantías, isto é o que podo ofrecerche:
SERVIZO PERSONALIZADO E CONTACTO DIRECTO
O meu obxectivo é ofrecerche os mellores resultados, por iso cada proxecto recibe toda a miña atención. Así mesmo, procuro facilitar e axilizar a comunicación cos meus clientes en aras dun servizo eficiente.
GARANTÍA DE CALIDADE E CUMPRIMENTO DE PRAZOS
Ofrezo prazos realistas a fin de garantir sempre a máxima calidade. Ademais, colaboro con outros expertos de confianza que revisan o meu traballo e amplían a miña carteira de servizos.
AUSENCIA DE INTERMEDIARIOS
Evitar a presenza de intermediarios permíteche aforrar en gastos de xestión e gañar en calidade, tanto na tradución realizada como no servizo recibido.
TOTAL CONFIDENCIALIDADE
Toda a información que recibo como parte dos proxectos que realizo manéxase con total privacidade para garantir a súa seguridade.