Preguntas frecuentes
Canto custa unha tradución?
Por regra xeral as traducións contabilízanse segundo o número de palabras do texto orixinal. Con todo, o prezo pode variar en función da temática e a complexidade do escrito, a urxencia da tradución ou o formato do documento.
Cales son as opcións de pago?
As opcións de pago que ofrezo son transferencia bancaria e PayPal.
Canto se tarda en traducir un documento?
En función da temática e a complexidade do texto podo traducir entre 2.000 e 3.000 palabras ao día, aproximadamente o equivalente a un documento de seis páxinas. Isto non se aplica ás traducións xuradas, que requiren dun proceso de maquetación especial e unha revisión exhaustiva.
Como sei se preciso unha tradución xurada?
As traducións xuradas deben realizalas exclusivamente tradutores xurados debidamente habilitados. Trátase de traducións que inclúen un certificado que garante unha reprodución fiel e completa do orixinal na lingua de destino. Van seladas e asinadas por un tradutor xurado e teñen carácter oficial, é dicir, teñen validez legal ante organismos gobernamentais e institucións académicas.
Máis información
A Asociación Española de Tradutores, Correctores e Intérpretes (Asetrad) publicou un documento que recompila todo o que necesita saber para contratar servizos lingüísticos. Pode consultar esta guía aquí.
Como solicitar un orzamento
Contacto
Explícame o tipo de tradución que precisas e mándame os arquivos correspondentes.
Análise
Analizarei os documentos e elaborarei un orzamento acorde ás túas necesidades.
Acordo
Se aceptas o orzamento e as súas condicións debes asinalo e volvermo enviar.
Tradución
Listo! En canto reciba o orzamento asinado poñereime a traducir.