(+34) 684 160 793
nsurribas
info@nsurribas.com
Presupuesto
 
 

Ola! Son Noelia Surribas, tradutora autónoma.

 

Aquí tes un breve resumo da miña traxectoria:

 

En 2010 licencieime en Tradución e Interpretación e, hai pouco, fixen un mestrado en Tradución especializada. Ademais, son tradutora xurada inglés-galego/galego-inglés habilitada pola Xunta de Galicia.

As miñas linguas maternas son o galego e o español. Profesionalmente traballo co inglés e o alemán. Para mellorar os coñecementos lingüísticos e culturais das linguas que manexo residín en países como Estado Unidos, Reino Unido, Alemaña ou Austria. Actualmente vivo en España.

Dedícome á tradución científico-técnica e a localización de sitios web e programas informáticos. Tamén subtitulo material audiovisual e reviso traducións e outros textos. Os meus anos de experiencia inclúen etapas traballando con conta ella e propia. Durante este tempo traducín máis dun millón e medio de palabras para axencias de tradución, empresas especializadas e particulares.

 

Queres saber máis sobre a miña formación e experiencia profesional?Ir a LinkedIn

OS MEUS INTERESES

 
 
Sustentabilidade

O meu primeiro traballo como tradutora independente a mediados de 2011 consistiu en localizar o sitio web do proxecto europeo ECOPORIO, a primeira tenda en liña de produtos certificados coa etiqueta ecolóxica da UE. Dende entón, grazas a este e outros moitos proxectos o meu interese e preocupación pola sustentabilidade fóronse acrecentando ata o punto de querer especializarme neste sector e, deste xeito, achegar o meu granito de area para un mundo mellor..

Innovación

Nun momento de innovación constante vemos como os avances informáticos, tecnolóxicos e industriais non só están a cambiar o mundo, senón tamén a sociedade e mesmo as linguas. Como tradutora técnica e localizadora, o meu traballo está ligado de forma inherente a estes avances. Neste sentido, resulta primordial manterse ao día, formarse e renovarse, os meus tres alicerces básicos de actuación.

Cooperación

Neste mundo globalizado a colaboración fíxose máis fácil e necesaria que nunca. As novas tecnoloxías propiciaron esta situación, que non ten por que ser mala. A hiperconexión actual permítenos colaborar con persoas e empresas de calquera lugar. Sobre a base da confianza e o compromiso, xuntos podemos mitigar as nosas carencias e potenciar as nosas virtudes para xerar novas e mellores ideas e oportunidades.

Gustaríache colaborar comigo?ESCRÍBEME!